Tienda

CABAÑA

10,00

Categoría:
Descripción

Despois de actuar nas Illas Canarias, Andalucía, Madrid e Barcelona, e incluso Londres, a xira de presentación de ¡Cabaña! o segundo disco de Gustavo Almeida, chega a súa cidade, Pontevedra. Esta noite, no Teatro Principal e con entrada totalmente libre, o cantautor brasileiro tocará os nove temas deste traballo discográfico, gravado no seu Brasil natal e coproducido por figuras como Ge Brandao e Marcelo Martins.

O concerto será as 21 horas e o cantante estará arroupado por unha ducia de músicos. Incluso cantará un dos seus temas co seu irmán, Rodrigo Almeida. Ademais, tamén adiantará algúns temas novos, que posiblemente formen parte dun novo disco.

Gustavo Almeida veu para xogar ao fútbol e agora leva máis de once anos vivindo en Pontevedra e convertendo a música no seu modo de vida.

O músico comentou diante dos micrófonos de Radio Voz Pontevedra que desde que se gravou o primeiro tema dos nove que compoñen ¡Cabaña! ata que se rematou o disco, pasou máis dun ano. Os nove temas son da súa autoría, tanto na letra como na música, excepto un, que é de Leo Minax. E como sempre fai, antes de incluílos no traballo discográfico, cantaos ante o público, para ver a súa aceptación.

Jorge Vercilo

Outro dos temas que figuran no disco, Quen ía me dicir, gravouno cun dos seus ídolos, Jorge Vercilo, unha figura da actual música brasileira.

O compositor ten un disco anterior Por si me escuchan, e o novo leva o título de Cabaña polo local da cidade onde cada mércores «teño a sorte de realizarme como artista, como músico, como cantante e como persoa». O autor fuxe dos tópicos de brasileiro marchoso o cantautor nostálxico e reivindica a súa autenticidade. Segundo recolle na web a súa Cabaña é aberta, positiva, xenerosa, fresca, sarcástica e sobre todo moi musical. Entre o funk, el reggae e o rock, nótase claramente a rica influenza das harmonías da música do seu país.

A xira de presentación do disco comezou o pasado 3 de outubro e o vindeiro mes de decembro, concretamente o día 11, Gustavo Almeida participa na final do quince certame internacional de jóvenes cantautores, no Teatro Principal de Burgos, con Amaral como grupo invitado á gala.

Valoraciones (0)

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “CABAÑA”